Santi Yusta: “Tras o Eurobasket U18, tan só penso no Rio Natura Monbus”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Yusta participou coa Selección Española U18 no Eurobasket da súa categoría. No torneo o conxunto español alcanzou a sétima praza, logo de perder en Cuartos de Final contra Bosnia (64-70). Despois perdeu contra Serbia (90-76) e gañou a Alemaña (64-68).

O xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro móstrase decepcionado pola posición final do equipo. “Esperabamos chegar máis arriba, pero tivemos un mal partido en cuartos e iso fíxonos perder”. Aínda así non quixeron baixar os brazos: “Nós somos un equipo bastante unido, aínda que é certo que cando perdes amola bastante. Despois do partido falamos, seguimos xuntos e démonos ánimos para seguir co que faltaba do campionato”.

Pese ao resultado final do campionato, o traballo da primeira fase non foi negativo: “O traballo na primeira fase estivo ben. Traballamos todos xenial, o equipo foi moi xeneroso e axudouse moito mutuamente. Non temos queixa do campionato que fixemos en xeral, aínda que o partido de cuartos de final embazou todo”.

O beirado promediou 9,6 puntos e 3 rebotes, con partidos destacados como o de Lituania, onde anotou 19 puntos. “Non estou precisamente satisfeito coa miña achega persoal. Fixen partidos bos, pero quedo con que nos partidos malos do equipo podería facelo moito mellor. Neses partidos non tiven moito acerto e por tanto non me vou do todo satisfeito”. Yusta tamén deixa claro o seu obxectivo a partir de agora: “Tras o Eurobasket, tan só penso no Rio Natura Monbus”.

6 de agosto de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.