publicidade hoxe

Replanteo da praza pública no entorno da igrexa de Lemaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Replanteo da Praza Lemaio

Replanteo da Praza Lemaio

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Jesús Souto reuníronse coa empresa adxudicataria e o director de obra para levar a cabo o replanteo das obras a realizar no entorno da Igrexa de Lemaio para o acondicionamento dunha nova praza pública.

Esta área terá unha superficie de 5.500 metros cadrados e situarase nas inmediacións da igrexa de Santa Mariña e o cemiterio. A actuación proxectada contempla a pavimentación con formigón e celosía de céspede, acadando o dobre obxectivo de facilitar o tránsito a pé e rodado, pero permitindo o crecemento de vexetación para reducir o impacto visual. Tamén se inclúe a creación de espazos verdes con árbores autóctonas, a ampliación do ancho da estrada para unha maior seguridade viaria, o soterramento da liña de baixa tensión e as canalizacións para os servizos de rego, recollida de augas pluviais e iluminación pública.

7 de agosto de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.