Ravella reforza os servizos sociais municipais contratando un sexto traballador social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Reforzar o plantel de persoal dos Servizos Sociais do Concello é unha das medidas que o goberno socialista recolle no seu programa de goberno para o actual mandato, un obxectivo no que hoxe se avanzou a través da contratación do que será o sexto traballador social co que conte o departamento que dirixe Tania García.

A Xunta de Goberno Local aprobou na reunión desta mañá proceder á contratación dun traballos social a través da bolsa de emprego existente para este tipo de profesionais. O contrato fundaméntase na acumulación de tarefas coa que conta o servizo debido crecente demanda que rexistra dende hai uns anos como consecuencia da crise económica. O contrato será a xornada completa e por seis meses.

Con esta contratación tratarase de axilizar a tramitación e atención aos numerosos usuarios reforzando o traballo que xa realizan os outros cinco traballadores sociais do departamento (4 de plantilla e un contratado temporalmente a través dun plan provincial). O plantel dos Servizos Sociais complétase con 2 administrativos e a coordinadora.

31 de agosto de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.