Preséntase na Cidade da Cultura o Desafío da Terra

Presentación de Desafío da Terra

Presentación de Desafío da Terra

A Sala Einsman da Cidade da Cultura, foi escenario da presentación do Desafío da Terra, a I Carreira de Obstáculos Extrema 100% Galega que se celebrará o 13 de Setembro na Cidade da Cultura e os seus arredores. Beatriz González, xerente da Cidade da Cultura; Manuel Orosa, xerente de Bograo e Labralia e Ramón García, presidente do Santiago Futsal, asistiron ao evento de presentación no que se descubriron alguhas das incógnitas mellor gardadas da carreira: a traxectoria do percorrido e o diseño da camiseta agasallo para os participantes.

Unha das sorpresas deste Desafío da Terra é que por primeira vez, dende que se construíu o complexo arquitectónico, empregarase o Bosque de Galicia así como varias zonas de obras que permanecían pechadas ao público, zonas que terán grande importancia no percorrido xa que nelas se desvolverán boa parte das probas e obstáculos da carreira. Incluso, nun dos lagos que se integran no espazo da Cidade da Cultura, instalarase unha batea, conformando unha das probas máis esperadas da carreira. 

Todas as probas da carreira teñen un orixe 100% galego, baseadas en oficios tradicionais e de ámbito rural. Así, as probas máis destacadas son: “A trepa da carballeira”, “Carga e descarga de rodas”, “Batea”, “Monte bravo”, “A leña”, “Barricadas con alpaca” e “Barricadas con xestas”. 

Por outra banda, coñeceuse o diseño da camiseta do Desafío da Terra, un agasallo para todos os participantes do evento. O orixinal diseño, realizado pola empresa Desoños, ten representada unha pa, símbolo de labranza e de traballo no campo.

Pero o Desafío da Terra non só engloba actividades físicas, senón tamén accións solidarias e de compromiso social, como a que desenvolverán os seus patrocinadores Bograo e Labralia, que donarán un ovo á Cociña Económica de Santiago de Compostela por cada like no seu muro Facebook. 

Non o penses máis e inscríbete no Desafío Da Terra, unha carreira accesible para calqueira persona, independemente da súa condición física, que ten como único requisito ser maior de idade. Se queres cargar as pilas antes de voltar ao traballo e á rutina, esta é a oportunidade perfecta!

31 de agosto de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.