publicidade hoxe

Preséntase a XVI Marcha cicloturista Concello de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+
Presentación da marcha cicloturista. Foto: Concello de Gondomar

Presentación da marcha cicloturista. Foto: Concello de Gondomar

Hoxe tivo lugar a presentación a XVI Marcha Cicloturista Concello de Gondomar que se celebrará o próximo domingo día 6 de setembro, á cal asistiron o Alcalde Francisco Ferreira, a concelleira de Cultura e Deportes Nuria Lameiro, o presidente do Clube ciclista Gondomar Roberto Soleiro e o ex ciclista Gonzalo Aguiar.

A marcha está organizada polo Clube ciclista Gondomar que tras 2 anos de parón na organización da proba, volve rexurdir cos que serán xa 16 anos realizándoa. O Clube, tamén aproveitou a ocasión para facer entrega de diplomas e trofeos aos máis novos.

A marcha estará apadriñada por Ezequiel Mosquera, segundo clasificado na Volta a España 2010 e Gonzalo Aguiar, primeiro ciclista galego en participar nuns Xogos Olímpicos e que destacou a implicación cos máis novos afeccionados ao deporte.

O horario de partida será ás 9,30 hs., as inscricións pódense realizar na web do Clube Ciclista Gondomar, www.clubciclistagondomar.org e o mesmo día no Pavillón de deportes en horario de 8 a 9, sempre e cando se trate de federados, os non federados teñen que realizala antes na web debido ao seguro pertinente. Os prezos son 12 euros para federados e 17 euros para non federados, as inscricións no mesmo día da proba terán un sobrecoste de 3 euros.

A marcha sairá de Gondomar e pasará por Baiona, A Garda, Tomiño, Alto de Tebra, San Antoniño, Tui, Monte Aloia, Morgadáns e Couso, para finalizar novamente en Gondomar.

31 de agosto de 2015 | 22:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.