Pablo Mel foi presentado como xogador do Santiago Futsal

Presentación de Pablo Mel
Está mañá foi presentado no restaurante A Horta D’Obradoiro o xogador Pablo Mel Ramírez, nova incorporación do Santiago Futsal para esta tempada.
O presidente do Santiago Futsal, Ramón Garía Seara referiuse a el como “un xogador novo pero de gran proxección, que procede do Movistar Inter, con calidade no manexo do balón. Queremos que este ano se sinta como na casa e consiga bos resultados tanto a nivel grupal como individual.”
O xogador madrileño fixo referencia aos motivos que lle axudaron a tomar a decisión de vir a Santiago Futsal “Vir ao Santiago Futsal é un paso dentro da miña carreira que creo que era imprescindible nestes momentos, o feito de saír de Movistar Inter e poder desenvolver aquí a calidade e o potencial que podo ter. Ademais xogadores como Rafael, David Pazos, Pola contáronme a forma de traballar que tiña o equipo e a atención que se lle presta ao traballo diario, e para a min esa profesionalidade é moi importante e gústame moito. Aquí podo coller experiencia e gustaríame pasar aquí máis dun ano. “
En canto ás sensacións tras estes tres primeiros días de adestramento, Pablo Mel afirmou “A toma de contacto foi mellor do que me esperaba. Trabállase un montón e iso para desenvolver a potencia de cada xogador é imprescindible. “
Pablo tamén se referiu aos seus obxectivos persoais, entre os que destaca “gustaríame retomar a faceta goleadora e poder axudar moito ao equipo neste aspecto. Xa en termos xerais gustaríame perfeccionar no aspecto defensivo, o 1×1… outros aspectos que se poden potenciar aínda e que quero facer ao longo da tempada” .En canto aos obxectivos grupais, o madrileño ten claro que “chego aquí coa idea de pelexar por devolver ao equipo onde estivo toda a súa historia que é entre os 8 primeiros clasificados desta Liga, que é a mellor Liga do mundo. “











