Os xogadores do Obradoiro aprenderán español no Centro de Línguas Modernas da USC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Aqueles xogadores que o necesiten poderán asistir a clases de español como lingua estranxeira no Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela. Por tanto, os xogadores estranxeiros Tyler Haws, Alec Brown,Angelo Caloiaro, Artem Pustovyi ou Eimantas Bendzius  poderán gozar dos servizos que ofrece o Centro de Linguas  Modernas da USC (CLM). 

O CLM é un centro educativo de ámbito universitario que leva desde 1975 dedicado ao ensino de linguas de todos os continentes a alumnado maior de 16 anos. 

Actualmente no Centro de Linguas Modernas impártense clases de preto dunha vintena de linguas diferentes. Precisamente, entre os cursos que máis éxito teñen atópanse o español e galego destinados para non falantes destas linguas latinas. 

Entre a gran variedade de idiomas impartidos atópanse algúns máis próximos como o eúscaro, o catalán ou o portugués e outros máis afastados como o ruso, neerlandés, árabe, chinés ou xaponés; pasando polos máis comúns como son o inglés, o francés ou o italiano, entre outros. Ademais, nas instalacións universitarias tamén é posible aprender lingua de signos.

6 de agosto de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.