Os monicreques de verán finalizan o martes coa compañía Viravolta e o espectáculo ‘Barriga verde’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Os monicreques de verán rematan ca compañía Viravolta e o seu espectáculo “Barriga verde”. A actividade será ás 21 horas na Praza Massó, aínda que no caso de mal tempo de trasladará ao Centro Social do Mar.

Dende a desaparición do teatro de Barriga en 1960 ata a aparición dos monicreques actuais en Galicia pasaron máis de 20 anos. Viravolta foi unha das primeiras compañías en recuperar este arte que Barriga Verde deixara como legado. Investigou o teatro popular e as técnicas titiriteiras, e con eles volveron á rúa os títeres.

Segundo explica a compañía Viravolta no seu dossier, Barriga Verde xorde coma un dos moitos personaxes de títeres creados por un home de extraordinario talento, chamado José Silvent Martínez, para o espectáculo que representaba no seu teatro ambulante, durante a primeira metade do século XX. A popularidade que acadou este personaxe produciu un fenómeno metonímico polo que o propio José Silvent pasou a ser coñecido por Barriga Verde, e Barriga Verde chegou a denominar o teatro, e ademais a totalidade do espectáculo de humor e entretemento que nel se ofrecía nas festas e romarías de Galicia.

7 de agosto de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.