Os cativos das escolas de verán de Ordes válense dos contos e relatos para aprender valores igualitarios entre homes e mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Contiños para compartir

Contiños para compartir

Os nenos e nenas que asisten ás escolas de verán organizadas polo Concello de Ordes participaron recentemente no programa ‘Contiños para compartir edición verán’. Coas pautas e a axuda marcadas pola técnica de igualdade da Mancomunidade de Ordes, todas e todos traballaron dun xeito divertido con aspectos relacionados coa igualdade entre homes e mulleres, así como coa importancia que ten a loita contra a discriminación de xénero. Para todo isto empregáronse contos e relatos, valéndose así da literatura como ferramenta principal.

5 de agosto de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.