Ordes e a Mancomunidade gardan un minuto de silencio en repulsa polo infanticidio de Moraña

Minuto de silencio en Ordes
Esta mañá membros da corporación do Concello de Ordes, co alcalde José Luis Martínez Sanjurjo, á cabeza gardaron un minuto de silencio en sinal de duelo polo infanticidio acontecido esta fin de semana en Moraña. Un acto no que tamén participou Roberto Rey Martínez, Presidente da Mancomunidade de Ordes, así como a directora do CIM de Ordes, Nazaret González, e persoal do departamento de Servizos Sociais entre outros traballadores. Deste xeito ambas as institucións poñen de manifesto a repulsa ante este atroz crime no que faleceron dúas irmás de 4 e 9 anos, así como o pleno apoio á familia e demais achegados das vítimas. Un xesto que se escenificou na mesma entrada ao concello vello de Ordes, co fin de que se puidesen sumar a el aqueles veciños e veciñas que así o desexasen.











