O torneo de pádel da Laracha destacou pola igualdade e o bo ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O pasado sábado disputouse nas pistas municipais o torneo de pádel “Concello da Laracha” que contou cun total de 18 parellas participantes entre as categorías masculina e mixta. A organización do evento foi a cargo do Concello da Laracha e do Club de Tenis e Pádel de Arteixo.

A xornada, que comezou ás 10:00 horas e finalizou en torneo ás 22:00 horas, estivo marcada polo bo ambiente e, a nivel de competición, pola igualdade entre os participantes, especialmente nos encontros das finais, decidíndose ambas no super tie break despois de empatar a un set.

Na categoría masculina foi campioa a parella formada por Celso David Vázquez Añón e Raúl Fontela Suárez, que se impuxeron na gran final a Nestor Ross Faiella e Manuel Pérez Carreño por 6-7, 7-6 e 7-5. 

En categoría mixta foron vencedores Marcela Rinaldi e Jorge Martínez tras impoñerse na final a Patricia Bello e Adrián Viña por 6-7, 6-4 e 7-3.

3 de agosto de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.