publicidade hoxe

O Sigüeiro FC gaña o XIII Torneo de Fútbol Concello de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Sigüeiro FC proclamouse campión do XIII Torneo de Fútbol Concello de Oroso, ao vencer na final da competición ao Sigüeiro B. Foi necesario agardar á tanda de penaltis para coñecer o gañador, dado que o tempo regulamentario concluira cun empate a cero. No partido polo terceiro posto, o Xuvenil ED Xuventude Oroso gañoulle á SD Deixebre, cun resultato de 0-1.

Nas semifinais, o Sigüeiro FC medírase co Xuvenil ED Xuventude Oroso, cun resultado de 4-0. O Sigüeiro ‘B’ xogara nesa fase coa SD Deixebre, nun encontro que rematou en empate a cero e que, por tanto, se decidiu nos penaltis. 

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, acudiu a presenciar o Torneo, acompañado polos concelleiros de Deportes, Luis Rey Villaverde, e de Seguridade Cidadá, Antonio Leira. Os tres encargáronse da entrega dos trofeos desta competición.

31 de agosto de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.