O Sergas continúa as reunións para abordar o tema do aparcamento para enfermos crónicos no Hospital Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa; o director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Ramón Ares Rico; e a subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, Beatriz Pais Iglesias; reuníronse esta mañá con representantes da xunta directiva da Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra, Josefina Crespo Amigo e Adolfo Santos Gómez; e Vigo, Ángeles Pazos Crespo. O obxectivo do encontro é buscar unha formula que se adapte ás necesidades deste tipo de pacientes para aparcar no novo hospital de Vigo.

Esta reunión é un dos varios encontros que o Sergas está a manter con diferentes asociacións no referente ao aparcadoiro do novo centro, que deixe cubertas as necesidades loxísticas destes pacientes crónicos, que polas características da súa patoloxía poden ter unha alta frecuentación de visitas ao centro en determinadas fases do tratamento.

Os representantes da asociación manterán proximamente unha reunión coa empresa concesionaria para avanzar e concretar posibles alternativas.

31 de agosto de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.