O Santiago Futsal xogará oito partidos amistosos na pretempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

A plantilla do Santiago Futsal, tras incorporarse onte aos adestramentos desta pretempada, xa coñece os rivais aos que se medirá nestas datas de preparación antes de dar comezo a competición. O primeiro amistoso terá lugar a vindeira semana en As Somozas, vila á que o conxunto de Santi Valladares trasladará o traballo de luns a xoves e onde se medirá ao 5 Coruña FS o xoves 13 de Agosto ás 20h.

O domingo 16 o Santiago Futsal non faltará á súa cita anual co partido amistoso das festas de San Roque de Melide, no que se enfronta a Prone Lugo no Municipal de Melide ás 20h.

Tras os dous primeiros encontros da pretempada, o sábado 22 de Agosto o conxunto santiagués disputará un torneo triangular en Vigo no que se medirá a O Parrulo FS e a Talleres ABC de Vigo. Volverase medir ao conxunto ferrolán da 2ª División o mércores 26 en A Malata (Ferrol) en horario por determinar.

O último fin de semana de Agosto (29 e 30), o Santiago Futsal desplazarase a Burela onde participará no torneo de fútbol sala da vila mariñá con outros tres equipos: Palma Futsal, Cidade de Narón e Burela Pescados Rubén.

Tras estes oito encontros, o Santiago Futsal está a espera de fixar un último partido antes de rematar o período de pretempada e dar comezo á competición ligueira.

4 de agosto de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.