O presidente do Porto de Vigo agradece o traballo dos profesionais que interviñeron na extinción do incendio da nave de Beiramar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, remitiu hoxe carta ao Alcalde de Vigo, ao Director Xeral da Mariña Mercante, ao Subdelegado do Goberno en Pontevedra e á  Delegada da Xunta en Vigo, para que transmitan a felicitación do Porto ao persoal que tan eficazmente interveu, no día de onte, nos labores de extinción e de seguridade no incendio da nave situada en Beiramar.  

O Presidente do Porto sinala que Bombeiros, Policía Nacional, Policía Local e Autonómica, así como a Policía Portuaria e persoal do Servizo de Mantemento do Porto, traballaron de forma coordinada e cun enorme nivel de profesionalidade, o que asegurou o control da emerxencia, evitou danos persoais, e supuxo a rápida extinción do lume.

Tamén destaca a colaboración de Salvamento Marítimo que puxo o buque María Pita a disposición, en fronte da nave, por se fose necesario aplicar os seus medios contraincendios ao sinistro. 

Por último, quere transmitir un especial agradecemento ao bombeiro que se viu afectado os labores de extinción.

4 de agosto de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.