publicidade hoxe

O presidente da Deputación da Coruña inaugura a XXI edición de Alfaroleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleiros
A-
A+
Inauguración de Alfaroleiros

Inauguración de Alfaroleiros

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oleiros e deputado provincial, Ángel García Seoane, participaron esta mañá no acto inaugural da XXI edición de Alfaroleiros, unha das feiras de olería máis importantes de cantas se celebran cada ano en España.

Alfaroleiros exhibirá dende hoxe ata o 9 de agosto, no parque Luis Seoane de Santa Cruz, as pezas elaboradas por 23 artesáns do barro chegados de diversos puntos da xeografía nacional como Castellón, Córdoba, Tarragona, Salamanca, Cáceres, Granada ou A Rioxa, ademais dos traballos de numerosos oleiros galegos que, como cada verán, se dan cita neste importante evento cultural.

O presidente da Deputación agradeceu ao rexedor oleirense a súa invitación a participar no acto de apertura desta feira e ofreceu o apoio da institución provincial “para a promoción desta expresión de cultura tan importante”.

“Esta é a primeira saída que fago a un concello da provincia como presidente da Deputación, e Alfaroleiros é unha excelente escusa para visitar Oleiros, un sitio onde se poden aprender moitas cousas”, afirmou González Formoso.

Pola súa banda, o rexedor oleirense destacou que “un ano máis, Santa Cruz volve ser o centro de atención a nivel galego e estatal” coa organización dunha feira “recoñecida en toda España”.

“Esta é a feira dos artistas do barro. Os mellores artesáns están hoxe aquí”, afirmou García Seoane, que fixo un breve repaso histórico da tradición alfareira do municipio e agradeceu o impulso que, dende a primeira edición de Alfaroleiros, deron a esta mostra José María Kaydeda e Teresa Jorge.

Reunión no Concello

Antes da inauguración desta feira de artesanía, o presidente da Deputación e o alcalde de Oleiros reuníronse por espazo de media hora na Casa do Concello oleirense. Durante este primeiro encontro abordaron diversos temas de interese para ambas as dúas institucións e o alcalde oleirense solicitou que o novo Goberno provincial atenda os concellos con criterios obxectivos.

5 de agosto de 2015 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.