O Porto de Vigo recibe a 4.500 persoas a bordo do ‘Azura’
O Porto de Vigo recibirá hoxe a escala do ‘Azura’, con máis de 4.500 persoas a bordo, entre pasaxe e tripulación. Procedente de Southampton (Gran Bretaña) e con destino a Lisboa, chegou ao Peirao de Transatlánticos ás 08.45 horas, onde permanecerá até as 17.00h., momento no que porá rumbo a Alacante. A bordo viaxan un total de 3.393 pasaxeiros de 18 nacionalidades distintas, na súa maioría británicos (3.338 pax.) e 1.195 tripulantes.
Este cruceiro, pertence á naviera P&O Cruises. Construído por Fincantieri nos seus estaleiros de Monfalcone, Italia, é o barco irmán do ‘Ventura’.
A súa construción iniciouse en 2008, cando a súa quilla foi posta oficialmente. A entrega oficial do cruceiro a P&O Cruises levou a cabo dous anos despois, en 2010, e a súa viaxe inaugural tivo lugar precisamente ese ano, cando saíu dos estaleiros de Fincantieri en ruta a Southampton.
Un dos maiores buques da naviera P&O Cruises, xunto ao seu xemelgo ‘Ventura’, con 290 metros de eslora e 36 de manga. Dispón de 1.557 camarotes, distribuídos en 14 cubertas, co que pode albergar até 3.597 pasaxeiros e algo máis de 1.200 tripulantes.
Este megacruceiro de última xeración, conta con todas as comodidades e diversos servizos exclusivos como, por exemplo, un ximnasio con vistas submarinas, spa de augas termais, un gran auditorio con espectáculos de teatro e malabares e un cine ao aire libre na cuberta superior.
Tamén ten o primeiro restaurante flotante distinguido cunha estrela Michelin, ‘The Glass House’, que conta co asesoramento do chef Atul Kochhar, propietario do exclusivo restaurante londiniense ‘Seventeen’.











