O Pleno da Coruña rexeita o modificativo de crédito cos votos en contra do PP e o BNG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Pleno extraordinario celebrado na mañá deste venres en María Pita rexeitou, cos votos en contra do PP e o BNG, a abstención do PSOE, e o voto favorable do grupo que sustenta o Goberno local, a proposta para sacar adiante un modificativo de crédito. A medida levábase á sesión plenaria para facer fronte ás facturas pendentes do anterior Executivo local e para suplementar determinadas partidas necesarias que neses momentos carecen de crédito.

Si saíron adiante o resto dos puntos da orde do día, que incluía a aprobación definitiva do estudo de detalle que permitirá a ampliación do CEIP Manuel Murguía de Feáns, unha proposta que recibiu o apoio unánime de todos os grupos da corporación municipal. O punto referido relativo á modificación do cadro de persoal foi aprobado cos votos favorables do equipo de Goberno e a abstención do PP o PSOE e o BNG. Na sesión tamén se votaban dous asuntos relacionados co IMCE: a aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos, acordado polo seu Consello Reitor en sesión de 21 de maio e a aprobación do suplemento de crédito do orzamento do mesmo órgano para 2015, igualmente acordado na mesma reunión de 21 de maio. O PP votou a favor dos dous puntos, mentres que o PSOE e o BNG optaron pola abstención.

7 de agosto de 2015 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.