O Museo “Ramón Mª Aller” acolle unha exposición de Chris Stevens

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Venres 7 de agosto, ás 20,30 h., inaugúrase no Museo “Ramón Mª Aller” a exposición de Chris Stevens que poderá visitarse do 7 ao 27 de agosto.

CHRIS STEVENS (Basingstoke-Reino Unido 1956)

 “As pinturas desta exposición comprenden un período de 25 anos. O meu traballo trata do mundano, o que é ou pode ser extraordinario. Obviamente hai acontecementos no mundo, que son catastroficos, e van mais aló da comprensión pero eu escollo reflexionar e reflexar a rutina diaria da xente corrente. Esta preocupación por plasmar a sociedade foi o soporte do meu traballo como artista.

Os cadros da exposición tamén miran aos estereotipos de individuos a través de ideas preconcevidas que a sociedade ten debido á raza, moda, idade ou xénero. Para acadar este fin, a xene, nos meus lenzos, pasan como actores mais que simples retratos de persoas.

Estou sempre na búsqueda de novos horizontes e agrádanme as historias que xuntan elementos dispares. Como podería ser, a colocación dunha figura nunha paisaxe que nunca foi visitada ou con individuos que nunca se toparían. Tamén utilizo o cabalo como parte da construcción da narrativa. O cabalo simboliza o privilexio.”

Chris Stevens

En Lalín foi seleccionado na X Bienal Internacional de Arte “Pintor Laxeiro” (2011).

Expón no Museo “Ramón Mª Aller” co Riverside Artists Group de Londres (2014).

Contamos na colección do Museo coa obra Divine Comedy (2011) doada polo autor.

Chris Stevens estudou Belas Artes na Universidade de Reading. É un pintor figurativo que expón regularmente desde que se licenciou en 1978.

Algunha das súas exposicións individuais:

PM Gallery, Londres, Smelik & Stokking e Galerie Rademakers en Amsterdam, El GlynnVivian Museum & Art Gallery, En Swansea e a Howard Gardens Gallery, en Cardiff.

Algunhas exposicións colectivas:

REALITY, con artistas tales como Lucien Freud, David Hockney e Walter Sickert, Fussball in Der Kunst, con Andy Warhol e Marcus Lupert in Germany, a BP Portrait Award na National Gallery en Londres, e Heads en Flowars East, Londres.

Foi premiado na BP Portrait Award, e mais recentemente na exposición “Painted Faces” organizada pola Saatchi Gallery.

Tamén foi artista residente por parte de Arts Council no Futbol Club Sunderland e no Aeroporto internacional de Birmingham.

A súa obra atópase en coleccións públicas e privadas incluíndo o Museo Victoria & Albert, A National Gallery de Gales, Unilever, Galerija Portreta, Bosnia & Hetzegovina. O Museo Municipal “Ramón Mª Aller” de Lalín e moitas coleccións privadas en Reino Unido, Sudáfrica, USA e Europa.

4 de agosto de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.