O goberno vigués achega 90.000 euros ao comercio para a contratación de 13 profesionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na sinatura do convenio

Caballero na sinatura do convenio

Abel Caballero asinou este venres sendos convenios do Plan de Emprego do Concello en favor das asociacións de comerciantes Centro Príncipe e Zona Centro, un total de 90.000 euros cos que o goberno de Vigo apoia a contratación de 13 profesionais. Os obxectivos destes acordos pasan por desenvolver proxectos de mellora na prestación dos servizos e dotar aos comerciantes de novas ferramentas de comunicación, promoción e innovación que melloren a súa capacidade e competitividade.

O alcalde de Vigo detallou que o convenio rubricado esta mañá coa asociación de comerciantes Centro Príncipe significa 40.000 euros de achega municipal para respaldar a contratación de seis traballadores, mentres que o acordo con Zona Centro ascende a 50.000 euros para empregar a sete profesionais. Ambos acordos forman parte do Plan de Emprego municipal.

DOA e Rede de Mulleres

Ademais, esta mesma mañá Abel Caballero asinou outros dous convenios de carácter social, para apoiar a actividade de DOA (a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental) e da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos. Segundo estes acordos, o Concello achega a DOA 7.300 euros e 15.000 euros á Rede para levar adiante as súas actividades.

7 de agosto de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.