O goberno local de Ferrol desenvolverá dúas normativas para regular a publicidade institucional e a transparencia da xestión pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Local vai desenvolver dúas normativas para regular os mecanismos da publicidade institucional e a transparencia na xestión do Concello que agarda levar ao vindeiro pleno ordinario, xunto coa ordenanza municipal de animais -para a súa aprobación inicial- e a inclusión dunha cláusula social nos contratos públicos.

A respecto deste último punto, o rexedor manifestou ao remate da XGL deste luns que a inclusión desta cláusula social nos contratos públicos ven amparada pola normativa europea e que a intención do Goberno local e aprobala no vindeiro pleno ordinario.

Inclúe a promoción do emprego entre persoas con especial dificultade, fomenta a igualdade entre xéneros, formula que non se poidan diminuír unilateralmente as condicións de traballo por debaixo dos convenios e o fomento da formación continua.

“Creemos que son medidas que poden fomentar a contratación de persoal en situación de precariedade, pode revitalizar as condicións de traballo, servir de freo a reforma laboral”, manifestou o rexedor.

As outras dúas normativas que serán debatidas como imprescindibles pasan por artellar os mecanismos precisos para regular a publicidade institucional e darlle maior transparencia a xestión pública. “Cómpre facer mais transparente o gastos públicos que se fan nos medios de comunicación, que consideramos necesaria pero que debera ter maior coñecemento previo por parte da cidadanía de cal é o cómputo global”, advertiu Suárez. 

Plan Estatal Rexeneración e Renovación Urbana 2013-2016

Na Xunta de Goberno Local deste luns foron aprobadas as memorias elaboradas pola Oficina de Rehabilitación dos ARIs (Area de Rehabilitación Integral) que corresponde aos barrios de A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello para o programa de Rexeneración e Renovación urbanas do Plan Estatal 2013-16.

“Será unha actuación moi importante en zonas moi necesitadas das que se poden beneficiar unas 150 vivendas e será un impulso que irá acompasado co vindeiro Plan Urban nunha acción moito mais global”, expuxo o rexedor, Jorge Suárez, que anticipou que a partires de setembro ou outubro, os particulares xa poderán acceder as axudas, cun financiamento máximo de 11.000 euros. 

3 de agosto de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.