O goberno de Ferrol estuda a ubicación dunha escola infantil en Porta Nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Sestayo na reunión coa asociación veciñal

Sestayo na reunión coa asociación veciñal

A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo, comunicou á Asociación de Veciños do Inferniño a vontade do goberno local de impulsar a apertura dunha escola infantil en Porta Nova.

Nunha reunión mantida na mañá deste luns, Beatriz Sestayo (PSOE), comunicou aos veciños a súa aposta por crear unha escola infantil nos espazos de Porta Nova, na praza do Inferniño, para dar resposta ás necesidades dun dos barrios que máis xente nova está a atraer na cidade.

Con este punto de partida, dende o goberno local se transmitirá á Xunta de Galicia o seu interese porque o barrio do Inferniño conte con esta escola infantil, segundo avanzou Beatriz Sestayo. 

Doutra banda, estase a valorar a posta en marcha dun plan de impulso económico para o centro comercial Porta Nova, que será artellado a través da concellería de Promoción Económica, da que é titular Felipe Sas. 

Na reunión, na que tamén participou a edil de Urbanismo, María Fernández Lemos, confirmouse aos veciños a recente adxudicación das obras de reparación da cuberta do centro comercial, que poderán comezar próximamente para deste xeito evitar as filtracións que se estaban a producir neste espazo.

3 de agosto de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.