O goberno de Ames mantén unha xuntanza coa Mancomunidade Serra do Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Servizos Básicos, Blas García, mantiveron esta semana unha xuntanza coa presidenta da Mancomunidade Serra do Barbanza, María Teresa Villaverde, e coa secretaria desta entidade. Este encontro serviu como acto de presentación entre ambas partes e de toma de contacto. O goberno municipal está estudando se o Concello de Ames continuará nesta Mancomunidade ou busca unha alternativa, xa que a finais de ano remata o contrato con esta entidade.

Tratouse dunha visita institucional e dunha primeira toma de contacto na que o goberno municipal se presentou ante a presidenta e a secretaria da Mancomunidade Serra do Barbanza. Neste encontro tratáronse varios temas. Entre eles o goberno municipal está barallando varias opcións de cara a finais de ano, xa que remata contrato con esta entidade. Unha das opcións que se barallan é pasar a ser socio de pleno dereito desta mancomunidade, xa que Ames representa o 35% da devandita mancomunidade.

O alcalde de Ames, José Miñones, explica que nas vindeiras semanas teremos novos contactos coa Mancomunidade Serra do Barbanza porque temos que ir estudando o que imos a facer cando remate o contrato que temos en vigor con esta entidade. De aquí a finais de ano temos que tomar a decisión de se continuamos nesta mancomunidade ou tomamos outro camiño e buscamos outra fórmula para a xestión do lixo en Ames”. 

7 de agosto de 2015 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.