O Goberno de Ames arranxará unha praza no Milladoiro e varios camiños en Ventosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O Goberno Municipal, reunido en Xunta de Goberno, ven de adxudicar as obras de adecuación da praza situada entre as rúas do Agro da Madalena e a Avenida Rosalía de Castro, ademais de obras de mellora en diversos camiños -camiño de Ventosa, camiño de Foxos e camiño de Outeiro- do lugar de Ventosa, na parroquia de Ames. Todas estas obras están incluídas no Plan de Obras e Servizos da deputación Provincial de A Coruña correspondente ao exercizo 2015 e acadan un valor de 180.000 euros.

A Xunta de Goberno Local, celebrada o 17 de agosto, adxudicou as obras de adecuación de praza situada entre as rúas Agro da A a adecuación da praza situada entre as rúas do Agro da Madalena e a Avenida Rosalía de Castro Madalena e Avenida Rosalía de Castro no lugar do Milladoiro” á empresa JOSCON Construcciones SL, por ser a que obtivo a maior puntuación, segundo os criterios establecidos no prego de cláusulas administrativas. A contía da obra ascende a 37.982,00 euros) máis o IVE repercutible do tipo do 21% que ascende a 7.976,22. O prazo de execucióndo contrato será de 3 meses, contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo. Esíxelle unha garantía definitiva por un importe de 1.899,10 € segundo se especifica nos pregos que rexeron para a licitación correspondentes ao 5% do prezo de adxudicación excluído o imposto sobre o valor engadido.

Por outra banda adxudicouse á empresa Eulogio Viñal Obras Construcciones SA, as obras de mellora do “Camiño no lugar de Outeiro Costoia- Límite Concello e outros. Ames, por importe de de 75.601,43 euros, cun IVE repercutible de 15.876,30 euros unha garantía definitiva por un importe de 3.780,07 euros. O prazo de execución deste contrato será de 6 meses, contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo.

Á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL adxudicáronselle as obras de mellora no camiño de Foxos, no lugar de Ventosa por importe de 32.951,34 euros, IVE de 6.919,78 euros e garantía definitiva de 1.647,57 euros, segundo se especifica nos pregos que rexeron para a licitación correspondentes ao 5% do prezo de adxudicación excluído o imposto sobre o valor engadido. O prazo de execución do contrato será de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo.

As obras da mellora do camilo en Ventosa, Ames, foron adxudicadas á empresa Martínez Montes e Hijos SL, por valor de 33.800,00 euros, IVE repercutible ao tipo do 21% de 7.098,00 euros e garantía definitiva por importe de 1.690,00 euros. O prazo de execución do contrato será de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo.

Todas estas obras forman parte do Plan de Obras e Melloras da Deputación de A Coruña, Pos 2015.

31 de agosto de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.