O Consello Reitor do IMCE aproba a autorización de gasto da segunda fase das festas de María Pita
O Consello Reitor do IMCE aprobou na tarde deste xoves a contratación dos concertos de León Benavente e Mando Diao e a autorización da segunda fase do gasto das festas de María Pita 2015, así como a autorización da segunda fase do gasto de dinamización cultural na cidade no mes de agosto, nunha sesión extraodinaria urxente. A reunión convocouse de maneira extraordinaria debido á tardanza na constitución do Consello Reitor do IMCE, pola cal “non foi posible tramitar estes expedientes con antelación”.
No caso da contratación dos dous concertos, o gasto total é de 63.711 euros. En canto a segunda fase dos gasto das festas, o importe é de 405.720 euros, metres que a segunda fase do gasto de dinamización cultural, este ascende a 154.598 euros.











