O Concello de Tui colabora no “I Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

Este sábado 8 de agosto, na lagoa de Caldelas de Tui, terá lugar o “I Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha”, de carácter amigable, organizado pola sección feminina de kaiak polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui.

A día de hoxe aínda están abertas as inscricións. Na competición participarán os equipos Xuvenil de As Pontes, Combarro, Rodeira de Cangas, Piraguamadrid de Madrid (feminino), e os equipos do Club organizador, Penedo A (feminino) e Penedo B de Tui.

O torneo empezará ás 09.00 horas, tendo prevista a entrega de trofeos a partir das 19.00 horas.

5 de agosto de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.