O Concello de Ourense investirá 254.550,48 euros no acondicionamento das infraestruturas viarias e na vixiancia do polígono empresarial de Seixalbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O polígono empresarial de Seixalbo verá melloradas as súas infraestruturas viarias e seguridade cun investimento de 254.550 euros. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo esta mañá unha xuntanza coa directiva da asociación empresarial, á que comunicou a proxima execución destes traballos, mediante dous proxectos que desenvolverá o Concello co apoio da Consellería de Economía e Industria. A Administración autonómica ven de conceder ao Concello dúas subvencións por importe de 203.640,38 euros, que suporán o 80% do investimento total a realizar.

Por unha banda, o proxecto de acondicionamento das infraestruturas viarias terá un orzamento de 149.531,98 euros. A achega concendida subvencionará o 80% deste custe.

Neste proxecto, se plantexa a intervención nas vías situadas dentro do solo industrial recollido no PXOM de 1986. Por unha banda, o Camiño B-Cumial (Verea Vella), que delimita o polígono no seu borde norte e actualmente con baches no seu pavimento derivados da ausencia de recollida de augas. Este vial sirve de saída para a parte traseira das naves industriais, sendo vía de servizo ocasional para turismo e acceso aos inmobles colindantes ao polígono.

Outro dos viais que se contemplan no proxecto é o da rúa Cumial industrial-Estreita, situado no interior do polígono e actualmente pavimentado cun avanzado estado de deterioro. O último vial é o de rúa Cumial Industrial-Este, situado no interior do polígono e actualmente pavimentado nun dobre tratamento superficial con avanzado estado de deterioro, con atrancos para o tráfico peonil e carente de calquer mínima prestación en materia de accesibilidade.

No tocante ao proxecto de instalación dos sistemas de vixiancia e seguridade na zona empresarial de Seixalbo, o custe total será de 105.018,50 euros, dos que 84.014,80 euros serán subvencionados pola Consellería de Economía e Industria, que supón tamén o 80% do custe.

O polígono empresarial de Seixalbo, situado na estrada N-525 (rúa do Cumial), na actualidade non conta con ningún sistema de videovixilancia, polo que o obxectivo do proxecto técnico é o de dotar cun sistema autónomo de videovixilancia ou CCTV ao polígono mediante infraestrutura de rede inarámica WIMAX con oito cámaras IP de gravación de imaxes en puntos estratéxicos, interconectadas mediante radioenlace co posto central para o almacenamento e control das imaxes.

Con esta actuación, o Concello quere contribuir a consolidar o polígono empresarial de Seixalbo, as melloras dos servizos, así como a protección e transformación do polígono nun recinto blindado ante os roubos. A instalación de cámaras mediante sistema CCTV, ademáis de proporcionar un efecto disuasorio, poderán axudar, no caso de producirse algún roubo, á investigación que se poida producir por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Conxuntamente coa mellora nas infraestruturas, o polígono de Seixalbo adquiriá maior seguridade en materia de circulación vial, en materia de incendios e en materia de roubos.

4 de agosto de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.