O Concello de Ourense inicia un Plan de choque para recuperar o nivel óptimo de limpeza dos barrios da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense pon en marcha un Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Limpeza, José Araújo, asistiron esta mañá ao inicio destes traballos, na rúa Chano Piñeiro, que executa a empresa concesionaria do servizo de limpeza Ecourense.

O obxectivo é recuperar o nivel de limpeza óptimo de limpeza nos diferentes barrios da cidade, actuando especialmente naquelas zonas nas que por distintas circunstancias é preciso intensificar os traballos, mais ainda tendo en conta factores como a escaseza de chuvias, que obrigan a aumentar os servizos de baldeo e limpeza de manchas.

Sete semanas

O Plan prevé unha limpeza intensiva de tódolos barrios de Ourense que se desenvolverá durante sete semanas, dende hoxe e ata mediados de setembro. Contando cun conxunto de equipos que de forma coordinada, realicen os seguintes labores:

– Limpeza de beirarrúas, zonas peonís, bordos, calzadas, alcorques, con medios manuais e mecánicos

– Eliminación de manchas

– Limpeza de viais de parques e zonas verdes, áreas de xogos infantís

– Limpeza de sumidoiros e enreixados 

– Limpezas de campos da festa 

– Baldeo de beirarrúas e calzadas 

– Fregado de beirarrúa 

– Limpeza de pintadas

– Limpeza de contedores e ubicacións 

A coindicencia nunha mesma zona de tódolos equipos permitirán intensificar o grao de actuación e obter un resultado máis óptimo e perceptible.

Os equipos programaranse para actuar nos sectores establecidos durante 7 semanas, en xornadas de martes a venres, en turnos de mañá, tarde e noite. Comenzaron esta mañá en rúa Chano Piñeiro e contorno, continuarán esta noite e mañá, mércores, na zona Subdelegación de Goberno-Policía Nacional, continuando en días sucesivos nas seguintes zonas:

Xoves, 6, e venres, 7: Praza Maior-Posío

Martes, 11 e mércores, 12: San Lázaro-Concello 

Xoves, 13 e venres, 14: Posío-Mariñamansa-Seixalbo 

Os traballos continuarán ao longo do mes de agosto nas seguintes zonas: 

Martes, 18 e mércores, 19: Avenida de Buenos Aires, 

Xoves, 20 e venres, 21: Avenida Otero Pedraio 

Martes, 25 e mércores, 26: As Lagoas 

Xoves, 27 e venres, 28: Avenida de Santiago.

En setembro, realizaranse en: 

Martes, 1 e mércores, 2: Barrio da Ponte, 

Xoves, 3 e venres, 4: O Couto alto, 

Martes, 8 e mércores, 9: O Couto baixo, 

Xoves, 10 e venres, 11: Berrocás, 

Martes, 15 e mércores, 16: Estrada da Granxa e

Xoves, 17 e venres, 18: Cabeza de Vaca-Vistafermosa.

4 de agosto de 2015 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.