O Concello de Ourense desbroza os terreos do perímetro rural para reforzar a prevención dos incendios forestais
O Concello de Ourense ven de realizar traballos de desbrice e limpeza de máis de 100.000 metros cadrados de terreos nos diferentes núcleos rurais da cidade. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tivo coñecemento esta mañá do informe de actividade da Concellería de Medio Ambiente e Perímetro Rural, que dá conta dos traballos realizados pola brigada de Conservacion de mobiliario urbán e Perimetro Rural en diversas zonas do municipio, tentando facer fronte ao estado de abandono de zonas verdes e de xogos, reforzar a prevención dos incendios forestais no perímetro rural, e reparar e repoñer pezas de mobiliario urbano deterioradas en diferentes barrios da cidade.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo, deron conta das actuacións realizadas na rolda de prensa desta mañá posterior á Xunta de Goberno Local.
Máis de 150 actuacións de reparación de mobiliario urbano
A Brigada municipal deu conta tamén das máis de 150 actuacións de reparación de mobiliario urbano realizadas en diferentes zonas da cidade. Concretamente, 127 foron de retirada de bancos vellos ou deteriorados, que foron transportados ao obradoiro, restaurados e colocados de novo. Dos 127 bancos reparados e recolocados, 52 foron arranxados nas zonas Beiramiño, Barbaña e Barbañica.
Procedeuse tamén ao arranxo de varandas, consistindo neste caso os traballos en saneado e pintado das mesmas en diversas zonas. En total, separáronse 3.500 metros liñais de varanda metálica no Paseo Vermello. Tamén se realizaron traballos de arranxo de varanda de madeira en Avenida Portugal (8 metros liñais) Oira – Beiramiño (175 ml) e na denominada Área 4 (30 metros liñais)
O informe de actividade da Brigada Municipal de Conservación de Mobiliario Urbano e Perímetro Rural recolle tamén otras actuacións, como o pintado das gradas 550 ml e zona de xogos populares (98 m² ) no Palao, en Velle. Tamén incorpora mobiliario como fontes de bebedoiro na Burata-Palmés e na praza Mestre Fernández.
Mantemento e reparacións de parques infantís e biosaudables
Un tercer eixo de actuación da Concellería de Infraestruturas e Medio Ambiente foron as intervencións de mellora dunha decena de parques infantís e áreas de xogos biosaudables, co seguinte detalle:
Actuacións de mellora de parques infantís, incluindo reparacións, substitución ou cambio de xogos e outros elementos
– Parque da Lexion: cambio de dous asientos de xogos infantís
– Parque S. Lázaro: cambio de dous asientos infantís
– Praza San Antonio: cambio de escaleiras dun xogo infantil
– Xesús Pousa: arranxo de columpios
– Parque de Vistafermosa: arranxo dun balancín e reparación de tobogán
– San Rosendo: Cambio de rodamentos dunha “órbita” (xogo infantil)
Zonas biosaudables: reparación de elementos afectados polo vandalismo, retirada de pezas ou xogos deteriorados
– Beiramiño: cambio de rodamentos e outras pezas
– Barbaña: reparación de pedais das bicicletas danadas por vandalismo
– Angelita Paradela, retirada e recolocación dun xogo biosaludable
– Paseo Barbaña: Cambio de pasador e rodamentos polo vandalismo
Tamén se realizou a reparación dunha ponte de madeira deteriorado en Portovello e traballos de mellora ambiental de arbolado urbano, coa tala de 13 árbores (exemplares perigosos) e mellora do solo de cultivo de 29 árbores no Xardín do Posío.
Dúas novas áreas de xogos infantís
A Concellería de Medio Ambiente tamén creou dúas novas áreas de xogos infantís, concretamente na Praza Mestre Fernández e na Praza 200 (Estación de Autobuses), por importes de 39.013,60€ e 43.887,31 euros, respectivamente.
A estas actuacións se lle suma a reforma do Parque Infantil da Praza 500, onde se incorporaron equipos biosaudables e mobiliario, por un importe de 8.518,40 euros.
Os traballos de reparación de actos vandálicos na Alameda do Concello, con substitución de vidros no peche perimetral supuxeron un custe de 860 euros.
Tamén no tocante á seguridade, se procedeu a facer traballos no antigo vertedoiro municipal, cun desbroce antiincendios en toda a superficie (90.000 m2) por un importe de 12.104 euros.











