O Concello de Ourense aproba a composición das xuntas de áreas que se convocarán con regularidade semanal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense informou, mediante un decreto de alcaldía, a determinación e estrutura das xuntas de área municipais. Estas reunións, nas que participan integrantes de todos os grupos políticos de acordo coa súa representación proporcional no Concello, dan conta do funcionamento ordinario das diferentes áreas da vida municipal que non son exclusivas do pleno. Celebraranse cunha periodicidade semanal, sendo o martes o día elixido por consenso entre todos os grupos políticos con representación.

A presidencia de cada área, que vén de ser designada do decreto, será a encargada de comunicarlle a todos os participantes a celebración da xuntanza cun mínimo de dous días hábiles de antelación e con dous asuntos a tratar na orde do día. A estas reunións poderán asistir, se así lles é solicitado, funcionarios municipais que expliquen algunha das cuestións que se tratan.

As xuntas de área do Concello de Ourense, en atención á súa representación proporcional, estarán compostas por un presidente (do Partido Popular) e 6 vogais ( 1 Partido Popular, 2 Democracia Ourensana, 2 PsdeG-PSOE e 1 Ourense en Común).

31 de agosto de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.