O Concello de Ordes celebrará este venres o ‘Día do neno’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Dentro do programa ‘Unha viaxe pola cultura’ o Concello de Ordes celebrará mañá venres unha xornada temática adicada aos nenos e nenas do municipio.

Será a partir das 17 horas cando no Campo da Feira se inicien as actividades que conforman o Día do neno, aínda que se a chuvia non permite celebralo no exterior trasladarase ao pavillón Campomaior. Este ano poderase desfrutar de inchables indicados para calquera idade. Tamén haberá obradoiros creativos e de manualidades, así como outras moitas actividades interactivas onde os máis novos e novas sen dúbida o pasarán de marabilla. Zancudos, pallasos e personaxes de fantasía, circuítos de trikets, bungee e moito máis estarán a disposición da rapazada de Ordes durante toda a tarde.  Tamén haberá servizo de gardería, así como xogos de inxenio e de habilidades, en moitos dos casos realizados con material reciclados.

Para finalizar, tal e como é costume, haberá unha gran festa da espuma, na que un cañón transformará o Campo da feira nunha gran nube branca. 

6 de agosto de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.