O Concello de Mos manifesta a súa repulsa ao crime contra Amaia e Candela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Minuto de silencio en Mos

Minuto de silencio en Mos

A Corporación Municipal mosense, encabezada polo tenente alcalde Alberto Méndez ó atoparse a alcaldesa –Nidia Arévalo- xunto co Grupo de Teatro de Mulleres de Mos nunha reunión na Xunta, realizou un minuto de silencio na compaña dos traballadores municipais en sinal de de rexeitamento unánime e xeralizado á violencia con motivo do terrible crime das irmás de Moraña, as cativas Amaia e Candela.

Así, representantes políticos de tódolos grupos locais e funcionarios manifestaron, ás 12.00 horas da mañá de hoxe na entrada da Casa Consistorial, a súa solidariedade para coas nenas e os seus familiares e amigos, mediante esta simbólica mobilización contra a máis despiadada e cruel das inxustizas: privar a un pequeno da súa infancia. 

3 de agosto de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.