O Concello de Ferrol analiza o nivel de auga no encoro das Forcadas
O concelleiro de Servizos, Bruno Díaz, presidiu a reunión convocada a raíz da prealerta hidrolóxica establecida pola Xunta de Galicia o pasado 10 de xullo, coa participación dos técnicos municipais e os representantes das empresas responsables do suministro de auga, Emafesa, de limpeza viaria, Urbaser e de parques e xardíns, a UTE San José-El Ejidillo.
O nivel de auga no embalse das Forcadas está no momento actual en 89’26% do nivel máximo, sobre una capacidade de 10’7 do encoro -9’89 é a capacidade reducida- en hectómetros cúbicos. No momento de maior seca dos últimos anos, en 2011, a día 6 de agosto atopábase no 81’71 por cento.
Por debaixo do 70 por cento a calidade da auga disminúe e o tratamento é máis complicado, polo que dende a administración darase traslado desta situación aos Concellos da comarca, para que se faga un uso responsable da auga, nun chamamento que se fará extensivo a grandes empresas.
Dende a Concellería de Servizos pídese aos cidadáns que fagan un uso responsable da auga e sexan conscientes da necesidade de aforro dun ben escaso, tanto por cuestión de responsabilidade social como de respecto e coidado medioambiental.
ANÁLISES DA CALIDADE DA AUGA
Doutra banda, o concelleiro de Servizos, Bruno Díaz, resaltou que se seguen a facer os controis periódicos e diarios establecidos para supervisar o nivel de trihalometanos da auga, que seguen a confirmar que están por debaixo dos máximos permitidos e ratifican a boa calidade da auga.
Así mesmo, en relación co estado de alerta por cianobacterias no embalse das Forcadas, dende o día 29 de xullo, dacordo co cumplimento do protocolo de actuación nos abastecementos de auga de consumo público que capten dun encoro con risco de crecemento de cianobacterias, estanse tomando mostras diarias na saída da estación de tratamento de auga (ETAP), para o seu posterior análise. Ata o momento, os resultados reflexan que a auga é apta para o consumo.
O sistema de tratamento actual da ETAP de Catabois demostrouse efectivo para eliminar a presenza de microcistina na auga bruta ata agora. Ademais o proceso en conxunto aplicado neste momento -preoxidacion con dióxido de cloro, coagulación-floculación, sedimentación, filtración e desinfección con cloro- está descrito como eficaz na biografía especializada.
Neste senso é no que se ten informado á Sanidade dende que se comezou a aplicar o protocolo.
No caso de detectar microcistinas na auga tratada, tal e como establece o protocolo de autocontrol de Emafesa, poríase en funcionamento a dosificación de CAP (carbono activado en pó) que é un forte absorbente de materia orgánica e inorgánica en pretratamento. Así mesmo informaríase a Sanidade e ao Concello á espera do que se dispoña.











