O colectivo Polo Correo do Vento visitan aos cativos da Escola de Verán

Visita de Polo Correo do Vento
Dous membros do colectivo Polo Correo do Vento, achegáronse esta mañá ata o colexio Manuel Rivero para actuar diante dos nenos e nenas que participan na Escola de Verán. Trátase dun colectivo especializado en actividades para os máis novos coas que tratar de fomentar a lectura, a lingua galega e a creatividade en xeral. Neste caso, os intérpretes de Polo Correo do Vento exerceron de debuxantes e contacontos, realizando actividades e narrando e pintando unha hitoria relacionada co Camiño de Santiago, dentro do proxecto “Protexendo o Camiño”, co que se pretende fomentar a Ruta Xacobea entre os cativos e cativas e artellar unha rede cultural protectora ao seu redor.











