O Club de Mar Ría de Aldán gaña o I Trofreo Princesa de Asturias
O pasado sábado 29 de agosto, disputouse na Ría de Aldán o I Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo proba puntuable para a liga Galega na modalidade de ríos e travesías, na liña de salidase deron cita as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterano na modalidade de K4 e C4 sumando un total de 80 embarcacións de19 clubs.
O Club de Mar Ría de Aldán impúxose na clasificación final de clubs por diante do Club Piragüismo As Torres que foi segundo, terceiro sería o E.P. Cidade de Pontevedra.
Pola contra O Club Piragüismo Vilaboa foi o primeiro en homes senior, o Club de Mar Ría de Aldán impúxose na categoría feminina. As demais clasificacións quedarían da seguinte maneira:
Masculina Cadete: 1º Club Confraría de Pescadores Portonovo.
Feminina Cadete: 1º Club As Torres Romaría Viquinga.
Masculina Xuvenil: 1º Club Naval de Pontevedra.
Feminina Xuvenil: 1º Club de Mar Ría de Aldán.
Masculina Veterano: 1º Club de Mar Ría de Aldán.
As 80 embarcacións que participaron na proba mostraron un gran espectáculo ao público presente na praia de Vilariño. O momento máis esperado por todos foi a metade da proba cando os padeeiros tiveron que realizar o porteo da súa embarcación durante 150m que a organización delimitou na praia.
Na categoría home kaiak senior os primeiros en entrar en meta serían os deportistas do Club Piragüismo Vilaboa. A embarcación do Club Breogan do Grove foi a vencedora en C4 senior e en mulleres senior a vitoria foi para a K4 do Club de Mar Ría de Aldán.
As seguintes competicións da liga que está a moi preto do seu final serán o sábado día 5 en Pontedeume coa 49 edición do Descenso do Eume e o domingo día 6 de setembro celébrase o 1º Trofeo Rías Baixas na modalidade de K4 e C4











