O Centro deportivo A Telleira organiza a Festa Summer 2015 o 4 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O Centro deportivo municipal A Telleira organizou para este martes, 4 de agosto, a Festa Summer 2015 na que haberá varias masterclass de body combat e zumba con DJ en directo. De seguido, para recuperar forzas invitarase a todos os participantes a unha consumición con tapa de churrasco no restaurante Gonzaletxu. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta actividade pódense inscribir na recepción do centro deportivo municipal A Telleira.

O Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, colabora co Centro deportivo municipal A Telleira na organización da Festa Summer 2015, que se celebrará este martes, 4 de agosto, nas instalacións da Telleira. Esta actividade enmárcase dentro da semana de celebración das festas da Peregrina, que se van desenvolver ao longo desta semana, e terán os seus días centrais o sábado 8 e o domingo 9 de agosto. 

O director do Centro deportivo A Telleira, Borja Martínez, explica que “esta actividade xorde con motivo de dinamizar e facer unha actividade diferente de maneira gratuíta para todos os abonados e abonadas. Deste xeito, este martes 4 de agosto, en horario de 20:30 a 22:30 horas, vamos a realizar dúas masterclass de zunba e body combat con DJ en directo”. 

Trátase dunha actividade gratuíta, que está englobada dentro do plan de actividades sociais que ofrece todos os meses o Centro deportivo municipal A Telleira para os seus abonados/as, co obxectivo de dinamizar a oferta deste Centro deportivo. Cómpre salientar que esta actividade desenvolverase na explanada exterior, que está ao carón do devandito Centro deportivo A Telleira. 

Limpeza do vaso da piscina

Por outra banda, tamén hai que destacar que debido ás tarefas de conservación, mantemento e limpeza da instalación, o recinto da piscina cuberta A Telleira está pechado ao público ata o 16 de agosto. Estes traballos comezaron a executarse o pasado día 1 de agosto. O resto da instalación do Centro deportivo A Telleira seguirá co seu funcionamento habitual. 

3 de agosto de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.