publicidade hoxe

O centro cultural de Sigüeiro acolle unha exposición con cadros feitos polos cativos do Summer Camp

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Exposición Arte no Carboeiro

Exposición Arte no Carboeiro

Os concelleiros de Cultura, Luís Rey; Réxime Interior, Vanesa Boo; e Ensino, Beatriz Rodeiro, inauguraron esta mañá a exposición “Arte no Carboeiro”, unha mostra moi especial pois reúne 46 cadros elaborados por outros tantos nenos e nenas de Oroso, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Uns rapaces que realizaron estas obras durante unha saída para pintar no Parque do Carboeiro, dentro das actividades programadas no Summer Camp.

Vanesa Boo felicitou aos pequenos polo seu traballo, no que empregaron as distintas técnicas de pintura que lles aprenderon os monitores, e desexou que sexa unha actividade que se repita en anos vindeiros. Algo no que coincidiu o concelleiro de Cultura, Luís Rey, quen salientou que “todos os anos recibimos moitas exposicións neste centro cultural pero creo que esta é das que máis visitas vai ter, pois está feita por nenos daquí e é unha gran iniciativa que temos que promover”. “Arte no Carboeiro” poderá ser visitada durante as próximas polos veciños e veciñas de Oroso que se acheguen ata o auditorio do centro cultural de Sigüeiro.

4 de agosto de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.