publicidade hoxe

O Carballiño acolle a preparación do prato de polbo a feira máis grande do mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Carballiño elabora un ano máis o prato de polbo á feira máis grande do mundo, que este ano 2015 medirá 5,13 metros de diámetro. Este acto será o vindeiro  martes, 4 de agosto, a partir das 20:00 horas na plaza maior, aínda que dende a mañá dese mesmo martes xa estará exposto o plato xigante na mesma plaza carballiñesa.

O  alcalde e o edil de Turismo  sinalaban que esta elaboración é unha das actividades máis esperadas cada ano o chegar a semana do Polbo. O pasado ano picouse e encheuse o prato, con 400 kilos de polbo, nuns 12 minutos. Este ano  colocaráse tamén un cronómetro na mesma praza maior, para calcular o tempo que tardan en encher o  novo plato de 5,13 metros, con más de 400 kilos de polbo.

Ao finalizar a elaboración e picado da tapa, repartiranse entre os asistentes, estando previsto que se repartan máis de 1200 racións. Ademáis tamén se lles entregará un doce de chocolate, doado pola pastelería Royal, pan de Cea e un vaso de viño da bodega Pazo Tizón. O prezo da tapa será de 4 euros

3 de agosto de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.