O Campamento do Mar contará coa participación de 80 rapaces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Un total de 80 rapaces (35 nenas e 45 nenos) participarán este ano no Campamento do Mar, que organiza o Concello de Lalín. As actividades terán lugar no campamento xuvenil Virxe de Loreto, da localidade coruñesa de Porto do Son, e levarase a cabo en dúas quendas. As estancias discorrerán entre o 14 e o 29 de agosto para os mozos e mozas de 14 a 17 anos, mentres que os cativos de idades comprendidas entre os 9 e os 13 poderán acudir dende o 22, para finalizar tamén o día 29.

Para esta tarde, ás 20.00, está prevista na Casa da Xuventude unha reunión preparatoria coas familias dos participantes. Durante o encontro, o equipo de monitores e monitoras responsables da actividade clarificarán todas as dúbidas que lles poidan xurdir ás familias, expoñendo con detalle como se vai a desenvolver o campamento.

O obxectivo que se pretende conseguir coa organización dos campamentos é o de fomentar o deporte e a conciliación familiar e laboral, así como contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas mediante a aprendizaxe permanente, a participación, o compañeirismo e a convivencia. Tamén se busca a corrección de comportamentos sexistas e, en definitiva,  a integración da infancia sexa cal sexa a súa condición persoal, sociocultural ou económica. 

5 de agosto de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.