publicidade hoxe

O Burela presenta a Alejandro Pérez Pérez como novidade baixo os paus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Presentación de Álex

Presentación de Álex

Alejandro Pérez Pérez (Madrid, 1993) será a novidade na portería do CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16. “Aproveitarei ao máximo o que decida o adestrador; son traballador e ambicioso, con tranquilidade baixo os paus” adiantaba o meta nos seus primeiros días na Mariña. O presidente laranxa, Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna, que acompañaron a Álex na súa presentación oficial, destacaron a incorporación do ex do Marfil Santa Coloma “con frescura e mocidade, dúas calidades reforzadas por unha traxectoria en equipos de referencia no mellor fútbol sala”.

“Estou moi contento co recibimento, as primeiras sensacións son boas, xa tiven a oportunidade de coñecer os meus compañeiros; hai un gran grupo e con bo ambiente, que é o importante. Chego a un club serio e comprometido; o pobo está moi involucrado co equipo e iso axuda moito para consolidar e manter un bo proxecto” apreciaba Álex, ilusionado e animado con con toda unha pretempada por diante. “A partir de agora toca traballar e loitar polos máximos obxectivos posibles. Todos os títulos son obxectivo, play off, Copa de España, Copa do Rei, Copa Xunta…, sendo loxicamente realistas coas posibilidades do club e do equipo” puntualizaba o novo 13 laranxa. 

6 de agosto de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.