publicidade hoxe

O Burela FS comeza o traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O CD Burela FS Pescados Rubén iniciou hoxe o traballo de pretempada. O equipo reuniuse pola mañá co seu novo adestrador, Daniel Ibañes, para a primeira sesión en Vista Alegre; pola tarde, o adestramento trasladouse ao complexo deportivo da Marosa.

O míster puido dispoñer de todo o vestiario no primeiro día, no que tamén foron novidades Iago Rodríguez, Álex Pérez e Chino, xunto a Edu, Chano, Antoñito, Iago Míguez, Isi, Jorge Bellvert, Carlitos e Hélder; Mata xa participou na sesión, con traballo individual. Xunto ao xuvenil Renato, realizarán a pretempada os xogadores do filial Daniel Gigirey e Rubén Fernández.

Nestes primeiros días, os xogadores compatibilizarán a dobre sesión diaria de preparación coas correspondentes revisións médicas, de fisioterapia e nutricionista.

Amigables confirmados

O conxunto laranxa xa ten confirmados catro compromisos na súa preparación para comezar a liga 2015-16 o 12 de setembro nas mellores condicións. O martes 18 de agosto estrearase nun triangular cruzando o Eo, en Luarca, con Boal, de Segunda B, e unha selección de Occidente de Asturias. A Fonsagrada será o seguinte destino, o sábado 22, fronte ao Noia, de Segunda B. Vista Alegre lucirá as súas mellores galas a finais de mes, cun cuadrangular o venres 28 e sábado 29, no que participarán Santiago Futsal e Palma Futsal, xunto a Cidade de Narón, de Segunda. Os mariñáns despedirán a pretempada na casa, coa visita de Prone Lugo, o sábado 5 de setembro, en vésperas do encontro na bomboneira da Supercopa de España de Primeira RFEF, entre o Burela FS e o Atlético de Madrid Navalcarnero.

3 de agosto de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.