O alcalde de Ordes atende aos veciños no segundo ‘Sábado de portas abertas do goberno local’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Veciños que acudiron á cita

Veciños que acudiron á cita

O alcalde de Ordes atendeu neste sábado a numeroso público que acudiu ao seu despacho para expoñerlle temas ou resolver dúbidas. Os ‘Sábados de portas abertas do goberno local’ é unha iniciativa dirixida especialmente á poboación que non pode acudir ás dependencias municipais no medio da semana. Así o último sábado de cada mes de 10 a 13 horas algún membro do equipo de goberno atende persoalmente a veciños e veciñas.

O obxectivo desta iniciativa é posibilitar o máximo posible o contacto entre a cidadanía e os actuais dirixentes municipais. Un xeito de facilitar a comunicación, a resolución de dúbidas ou a achega de suxestións por parte daquelas persoas que non poden facelo ao longo da semana no horario habitual de atención ao público (de 8 a 15 horas). 

31 de agosto de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.