publicidade hoxe

O alcalde de Miño reúnese cos representantes da AMPA do CPI Castro Baxoi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, reuniuse esta mañá cos representantes da asociación de pais e nais de alumnos do colexio Castro Baxoi. Durante o encontro, que durou máis de dúas horas e no que tamén estivo presente a directora do centro, tratáronse temas fundamentais para o futuro do colexio. A reunión serviu para estreitar a colaboración entre o Goberno local e o colectivo de pais e nais e para definir os temas máis urxentes que se abordarán ante o inicio do próximo curso no mes de setembro.

Neste sentido, a AMPA mostrou a súa preocupación pola ejecución dos traballos que a Consellería leva a cabo no comedor. O regidor comunicoulles que, tamén preocupado por este asunto, mantivo unha conversación telefónica o pasado 21 de xullo co Xefe territorial de Educación quen lle asegurou que a obra estará lista para o día 10 de setembro. De nons er así o Concello tomará as emdidas oportunas.

Ademais, o alcalde comunicou a súa intención de cambiar lle sistema de concesión de becas para o comedor para convertelo nun sistema máis xusto e equitativo. Para iso o Goberno local modificará as bases das becas do comedor escolar para que a cuantía sexa progresiva en función de criterios como os ingresos familiares e o número de fillos e fillas. Tamén se habilitará axudas para material escolar e libros. «O obxectivo é garantir que ningún neno ou nenas do Concello quédese sen estas necesidades básicas cubertas», sinalou o rexedor.

Doutra banda falar sobre a posibilidade de mellorar o programa de actividades extraescolares con financiamento do Concello. Así mesmo, o Concello comprometeuse a habilitar unha rotonda na zona de acceso ao centro co obxectivo de facilita a entrada e saída de vehículos en hora punta. Ademais mellorarase o firme da vía que se atopa deteriorado nalgúns puntos.

6 de agosto de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.