Novo horario do ferry que une A Guarda e Caminha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O horario do ferry que une A Guarda coa vila portuguesa de Caminha cambia dende o 1 ó 15 de setembro. Nestas datas non haberá transporte os luns pero o restos dos días as viaxes saen coa mesma frecuencia, sendo o primeiro dende A Guarda ás 09,00 horas pero o último adiántase ás 20,15 horas.

Ademais o transporte non funcionará, como é habitual, no intervalo dende as 13,30 horas, momento que sae dende A Guarda, ata as 15 horas, cando se retoman as viaxes dende Portugal.

A partir do 15 de setembro o ferry comezará o horario de inverno que se alongará ata o 30 de xuño de 2016.

31 de agosto de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.