publicidade hoxe

Nova edición do Trofeo Conde de Gondomar no Campo Municipal As Gaiandas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+
Presentación do Trofeo Conde de Gondomar

Presentación do Trofeo Conde de Gondomar

Hoxe tivo lugar a presentación da XXXI Edición do Trofeo Conde de Gondomar que se celebrou no Centro Neural, a que acudiron o alcalde Paco Ferreira acompañado pola concelleira Nuria Lameiro; contando tamén coa presenza do Conde de Gondomar, Gonzalo Fernandez; Daniel Benavides, Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Alfonso Mandado Presidente do Gondomar CF e tamén asistiron o entrenador e o capitán do equipo.

O día do partido contarase cunha exposición fotográfica que servirá de introdución o libro do centenario que se está preparando. Poderanse ver as fotos máis representativas e chamativas que o Gondomar CF ten a largo dos 101 anos que leva existindo.

O próximo sábado, 8 de agosto, disputarase a XXIX edición do Trofeo Conde de Gondomar que enfrontará ao Gondomar CF e ao Porriño Industrial FC, equipo da mesma categoría que o anfitrión. O encontro terá lugar no campo municipal das Gaiandas, ás 20.00 horas.

7 de agosto de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.