Música, xogos e actividade relixiosas na Romaría de Sanamedio
Os vindeiros 6 e 7 de agosto terá lugar a celebración da Romaría de Sanamedio, en Beluso. A festa comezará o xoves ás 12 horas cunha gran tirada de bombas e pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “Os Liboreiros”, culminando á noite cunha verbena amenizada polos grupos “Per-versións” e “A Banda da Balbina”.
O venres 7 pola mañá haberá de novo un pasarrúas cos Liboreiros e unha misa maior, despois da cal a Banda de Música Artística de Bueu ofrecerá un concerto. Ás 17 horas, é a quenda dos xogos populares para nenos e maiores co grupo de animación “Garabatos de Bueu”.
Pola noite, os grupos “Os frikipaldis” e “Os cacahuates” animarán a verbena.
Con motivo desta romaría haberá misas ás 9,10,11 e Misa Maior ás 12.30 horas cantada pola Coral Polifónica de Bueu.











