Música, danza e tradición irán na Alameda de Ordes
Este vindeiro sábado, 8 de agosto, a Alameda de Ordes servirá de escenario para a celebración do Encontro Folclórico organizado pola agrupación Sementes da Arte, en colaboración co Concello de Ordes.
Un espectáculo onde a música e a danza tradicional serán o ingrediente principal, e ao que poderán asistir de balde todas aquelas persoas que o desexen a partir das 20 horas. Nesta edición contarase coa participación da A.F. ‘El Piñote’ (Asturias), O.C.T. ‘Chorima’ (Rois) e dos anfitrións A.F.C. ‘Sementes da Arte’ (Ordes).
No caso de chuvia o encontro trasladarase ao auditorio da casa da cultura.











