María Rozas reúnese cos participantes do LVIII Curso Internacional Música en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A alcaldesa en funcións, María Rozas, recibiu en Raxoi os participantes na LVIII edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra entre o 2 e o 15 de agosto. 99 alumnos e alumnas de 15 países participan nesta edición, que novamente inclúe diversos concertos. Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Un exemplo destes é o concerto que nesta mesma xornada ofrece a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave.

5 de agosto de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.