Lalín acolle esta fin de semana a I Feira Intercultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Presentación da I Feira Intercultural

Presentación da I Feira Intercultural

Lalín acollerá a I Feira Intercultural entre o 7 e o 9 de agosto. Durante toda a fin de semana haberá postos de artesanía e de productos de alimentación, así como unha actividade formativa, dirixida especialmente a inmigrantes, baixo o título Fusión Tapas. Ademais, o sábado haberá un concerto no que participarán Galgi Djembé, Odaiko Percussion Group e o grupo Ataque Escampe. Todas estas actividades teñen como obxectivo dinamizar a vida cultural e social de Lalín, ao tempo que pretenden ser un punto de encontro e de intercambio entre diferentes culturas no eido musical, gastronómico e da artesanía.

5 de agosto de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.