Instálanse dous minipuntos limpos de recollida selectiva en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Minipunto limpo

Minipunto limpo

Dende hoxe á noite quedan instalados en Cangas dous minipuntos limpos de recollida selectiva. A Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cangas, Tania Castro, deu prioridade á instalación deste “novo modelo de contedor que fai de soporte ao punto limpo situado na Portela, achegando a recollida selectiva ás veciñas e veciños, dando así solución ao problema de recollida deste tipo de obxectos”.

Os contedores, un situado na praza do Concello (av. Castelao) e outro fronte ao Porto deportivo (rúa Montero Ríos), contan con sete depósitos independentes para almacenar cada un dos residuos. Pilas, lámpadas, cds, cartuchos, baterías e mesmo teléfonos móbiles, “pequenos obxectos que gardamos no caixón por non saber que facer con eles que, desta maneira, se tratarán e reciclarán co que os cangueses e canguesas contribuiremos á conservación do medioambiente” afirmaba a concelleira para animar á veciñanza a facer uso destes contedores.

7 de agosto de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.